Nogués e Pilepic visitan ao Ourense Envialia FSF e ASESOU

17 de Noviembre del 2022
Comparte

Unha vez máis, e encadrado na proposta "Ourense é deporte" da área social do noso clube, esta pasada tarde seguimos coas visitas ás amigas e amigos doutras disciplinas deportivas, neste caso o fútbol sala feminino e a escalada.

Hoxe tocoulle a un clube, que na categoría senior forma parte da primeira división nacional, como é o Ourense Envialia FSF e á Asociación de Escaladores Ourensáns, a cal demostra con traballo e esforzo como medrar e chegar cada vez a máis xente.  Nos dous lugares, os nosos xogadores pasaron uns minutos para, como non podía ser doutra maneira, invitar a ámbalas dúas entidades ao noso encontro deste domingo ás 18:00 no Pazo dos Deportes Paco Paz.

Con esta proposta do Club Ourense Baloncesto,  preténdese tecer redes de colaboración con todos os equipos e modalidades deportivas da nosa cidade e provincia, favorecendo que o deporte sexa promoción de hábitos saudables sen rivalidades e sen comportamentos agresivos en campos e gradas.

Nas próximas datas, seguiremos visitando e invitando aos nosos encontros a todas aquelas organizacións da nosa cidade e provincia que así o desexen.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar