Seydou Aboubacar visita ao Cidade das Burgas FS

01 de Diciembre del 2022
Comparte

Unha semana máis, e por suposto encadrado na proposta "Ourense é deporte" da área social do noso clube, hoxe pola tarde o noso pivote Seydou Aboubacar visitou ás amigas do Cidade das Burgas FS.

Coas súas senior na categoría de prata do fútbol sala nacional, o conxunto das Burgas é un dos referentes da cidade no deporte do balón e, a ben seguro, sabemos que moi pronto estarán de volta na primeira división. Un clube que, ademáis, destaca grazas á súa formación xa dende as categorías base. Por suposto, o COB agasallou con entradas á entidade para acompañarnos no partido deste venres no Pazo dos Deportes Paco Paz.

Como xa se indicou nas pasadas colaboracións e visitas, con esta proposta do Club Ourense Baloncesto  preténdense tecer redes de colaboración con todos os equipos e modalidades deportivas da nosa cidade e provincia, favorecendo que o deporte sexa promoción de hábitos saudables sen rivalidades e sen comportamentos agresivos en campos e gradas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar