Jose Nogués e Jhornan Zamora visitan aos nenos e nenas no Hospital da cidade
Esta mañá e encadrado na Área Social do club, os nosos xogadores Jhornan Zamora e Jose Nogués visitaron aos valentes que, nestes días festivos, están ingresados no Hospital da nosa cidade.
Con agasallos para todos eles, os nosos rapaces pasaron uns minutos cos pequenos e pequenas así como coas súas familias, que se mostraron encantadas de recibir a uns xogadores que, como é habitual no seu carácter, demostraron sorrisos e forza para que, moi pronto, todxs poidan estar de volta nos seus domicilios.
Con estas accións, o COB pretende chegar xa non sóamente a clubs e asociacións da cidade, se non tamén a tódolos ámbitos da sociedade.
NOTICIAS RELACIONADAS