O COB colaborará coa A.X. Amencer na campaña da Operación Quilo

07 de Diciembre del 2022
Comparte

Un ano máis e como non podía ser doutra maneira, o COB colaborará coa Asociación Xuvenil Amencer na campaña “Operación Quilo” nos dous próximos partidos que xogaremos no Pazo dos Deportes Paco Paz:

  • 11 de decembro ás 12:45 contra Zunder Palencia
  • 20 de decembro ás 20:45 contra Hereda San Pablo Burgos

Desta maneira, todo aquel que nos traia simplemente 3Kg de alimentos non perecedeiros á nosa oficina, recibirá unha invitación para o partido correspondente.

Unha campaña moi sinxela que, no noso caso, unirá a axuda que as persoas que así o desexen poidan prestar aos máis desfavorecidos e o noso deporte: o baloncesto.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar