Ferran Ventura e Shaun Willett visitan á ADO e o Club Ourense Atletismo

09 de Diciembre del 2022
Comparte

Unha semana máis, e encadrado na proposta "Ourense é deporte" da área social do noso clube, hoxe pola tarde os nosos xogadores Shaun Willett e Ferran Ventura acompañaron aos amigos da ‘Asociación de Personas con Discapacidad de Ourense’ e ao Club Ourense Atletismo.

Referentes na nosa cidade, a ADO presta apoio a persoas con diversidade funcional e ás súas familias coa organización de talleres para fomentar a autonomía dos usuarios. Alí, os nosos rapaces coñeceron as instalacións e compartiron uns minutos con todas as persoas que acuden ao lugar.

Pola súa banda, o Club Atletismo Ourense, destaca pola súa formación dende a base ata a categoría absoluta. Alí, pasamos uns bos minutos nos que os xogadores probaron a facer salto de altura e saídas de carreira, para compartir tamén un tempo con todos os nenos e nenas que se atopaban adestrando.

Desta maneira e coa nosa visita, ambas institucións acompañarannos no partido deste domingo ás 12:45 contra Palencia Basket para apoiar aos nosos rapaces no encontro.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar