O Club Ourense Baloncesto e Estrella Galicia renovan o seu acordo por tres anos máis

18 de Septiembre del 2024
Comparte

O Club Ourense Baloncesto e Estrella Galicia renovaron a súa colaboración para os próximos tres anos, consolidando así unha alianza que se ten demostrado clave para o Club. Este acordo garante o apoio continuado da cervexeira galega ao proxecto deportivo do COB, reforzando o vínculo entre ambas entidades.

A renovación desta colaboración permitirá que Estrella Galicia siga sendo un dos patrocinadores principais do equipo ourensán, coa súa presenza visible en eventos, actividades e nas camisetas do club durante os encontros no Pazo dos Deportes Paco Paz.

O presidente do COB destacou que a confianza renovada de Estrella Galicia é fundamental para o crecemento e estabilidade do club, tanto a nivel deportivo como institucional.

“Dende Estrella Galicia, estamos moi contentos de poder anunciar a renovación co COB, un club ao que levamos ligados durante tempadas e co que seguiremos pelexando polos obxectivos que se propoñan.” Di Manuel Eira, responsable de patrocinios Iberia de Hijos de Rivera.

Con esta renovación, o COB asegura a continuidade dun apoio que xa leva anos contribuíndo ao fortalecemento do proxecto deportivo, mentres que Estrella Galicia reafirma a súa aposta pola promoción de valores como o esforzo, a dedicación e o traballo en equipo a través do deporte.

Podes ver a rolda de prensa da renovación de colaboración a continuación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar