O COB e a Asociación Auriens únense para axudar aos afectados pola DINA en Valencia

13 de Noviembre del 2024
Comparte

Este sábado, o Club Ourense Baloncesto, en colaboración coa Asociación Auriens, levarán a cabo unha campaña solidaria de recollida de produtos para apoiar ás vítimas da recente DANA que afectou a Valencia.

A recollida terá lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz durante a tarde do partido do equipo ourensán ante HLA Alicante, animando a todos os asistentes a colaborar nesta causa solidaria. Os organizadores fan un chamamento á cidadanía para que contribúan con produtos de primeira necesidade non perecedeiros, especialmente aqueles que máis urxencia teñen neste momento:

  1. Produtos de limpeza: lixivia, desinfectantes, deterxente de roupa, suavizante, entre outros.
  2. Produtos de hixiene persoal: xampú, xel, cepillos de dentes, compresas, pasta de dentes, etc.
  3. Ferramentas: palas, cepillos, botas, calcetíns, etc.
  4. Material escolar: artigos de papelería, contos, xoguetes educativos, lápices, bolígrafos, etc.

A recollida farase en colaboración coa Asociación Auriens, formada por Policías Nacionais da Comisaría Provincial de Ourense, que organizarán o envío de varios tráilers da man de EDV Viticultores cara Valencia.

A axuda será entregada directamente a pé de rúa, en residencias de anciáns, colexios e familias afectadas.

Anímate a colaborar e aportar o teu gran de area para axudar ás familias afectadas!

Compartamos xenerosidade desde Ourense para aliviar a situación en Valencia.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar