Un gran Aircargobooking Ourense cae na prórroga ante Movistar Estudiantes

Movistar Estudiantes impúxose nun apretado final a Aircargobooking Ourense por 88-81no partido disputado no Wizink Center da xornada 10 da Primeira FEB.
Comezaba o encontro e saía o equipo de Moncho López moi ben plantado na pista, cunha gran intensidade defensiva e as ideas claras en ataque conseguía xogarlle de ti a ti a Movistar Estudiantes e gañaba este cuarto por 20-22 despregando un gran xogo.
No segundo cuarto o Aircargobooking Ourense controlaba o partido e marcaba o ritmo, moi cómodo na pista, ía aumentando a distancia no marcador ata acadar vantaxes que rondaban os dez puntos. Tan só Granger e Alonso, por parte do equipo local, puña en apretos á defensa cobista e non permitía que os nosos se foran ao descanso cun marcador máis abultado. 47-55 e toda a segunda metade por xogarse.
Tralo paso por vestiarios o partido empezou a trabarse e a ambos equipos custáballe máis anotar. As defensas vencían aos ataques cun Romaro Gill dominando ambas zonas e cun Granger que seguía facendo dano dende o perímetro para acercar aos locais, pero unha tripla de Rafa Lisboa sobre a bocina puña o 14-14 no parcial e o 51-59 para afrontar os últimos 10 minutos.
E nos minutos decisivos o Aircargobooking Ourense non baixou os brazos, mais o cansanzo facía presenza e Movistar Estudiantes ía pouco a pouco recortando a distancia no marcador. A isto hai que sumarlle unha máis que cuestionable actuación arbitral que coas súas decisións condicionaron o partido, o que permitiu que o conxunto local empatase o encontro a 74 cun minuto por xogarse. A última posesión para gañar a tivo Aircargobooking Ourense, pero para rematar a súa actuación, non pitaron unha falta clarísima a Aanen Moody e o partido foi á prórroga.
No tempo extra o maior acerto de Movistar Estudiantes no tiro fixo que a vitoria quedase en Madrid cun marcador de 88-81.
O próximo partido do Aircargobooking Ourense será este mércores no Paco Paz ante Caja Rural CB Zamora
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación