Romaro Gill elixido MVP Estrella Galicia do mes de novembro

A afección do Aircargobooking Ourense escolleu a Romaro Gill como mellor xogador Estrella Galicia do mes de novembro grazas ás súas grandes actuacións.
Romaro, que sigue indo de menos a máis co paso das xornadas, demostrou o seu poderío físico en ambas zonas da cancha liderando a clasificación no apartado de tapóns e mates de toda a Primeira FEB.
O pivote xamaicano media neste inicio de tempada 8,5 puntos, 6,1 rebotes e 2 tapones en 17 minutos de xogo.
Romaro quixo agradecer a tódolos seareiros cobistas o seu apoio durante toda a tempada, así como a tódolos seus compañeiros, porque sen eles nada disto sería posible.
Parabéns Romaro polo teu MVP Estrella Galicia do mes de novembro.
NOTICIAS RELACIONADAS