O Aircargobooking Ourense remonta no último cuarto e imponse a Caja Rural Zamora

O Aircargobooking Ourense gaña por 79-73 a Caja Rural Zamora no partido disputado no Paco Paz e correspondente á xornada 11 da Primeira FEB.
Comezaba o encontro e xa nos primeiros intres todo facía pronosticar que ía ser moi disputado. Ambos equipos tentaban levar o ritmo de xogo e non conseguían anotar con facilidade. Co paso dos minutos Caja Rural Zamora encontrábase máis cómodo na pista e dominaba no marcador, aínda que non lograba irse. 16-18 neste primeiro parcial e todo un mundo por xogarse.
No segundo cuarto os problemas do Aircargobooking Ourense acentuáronse e Zamora estaba sentíase moi a gusto. Marcaban o ritmo e escapábanse no marcador. Os de Moncho López cunha pobre porcentaxe de tres non conseguía reaccionar e a distancia aumentaba ata os dez puntos, mais unha tripla sobre a bucina de Santi Paz puña o 30-37 no luminoso con ambos equipos encarando o túnel de vestiarios.
Tralo descanso reaccionou o Aircargobooking Ourense da man dun Rafa Lisboa que se botou o equipo ás costas axudado de Diogo Brito para que o equipo visitante non se fora definitivamente no marcador. Mais Caja Rural Zamora non daba o brazo a torcer e cortaba a reacción cobista. Os locais so conseguían recortar un punto e nos íamos aos minutos decisivos 6 abaixo no marcador 49-55.
E nos dez minutos finais chegou a remontada, pero non sen sufrimento. Un parcial inicial de Zamora de 2-6 nos tres primeiros minutos obrigaba a Moncho López a parar o partido para tentar reconducir a situación. O tempo morto xurdiu efecto e cun parcial de 20-2 con Rafa Lisboa levantando a todo o Pazo, que non deixaba de animar, e Aanen Moody que se uniu a festa, o Aircargobooking Ourense dáballe volta ao marcador e acadaba 8 puntos de vantaxe. Era a quenda do adestrador visitante de parar o partido. Caja Rural Zamora non dixera a última palabra e, tralo tempo morto, conseguía anotar 8 puntos consecutivos para volver a empatar o partido a 71 con tan só un minuto e medio por xogarse. Os ourensáns non perderon a concentración e con bos ataques e unha defensa intensa, que provocaba os erros do conxunto visitante, amarraba a sétima vitoria da tempada ante un Pazo volcado cos seus.
O próximo encontro será contra Super Agropal Palencia o vindeiro sábado.
Fotos: Carlos Domarco