O Aircargobooking Ourense quere reencontrarse coa vitoria ante a súa afección
O Aircargobooking Ourense mídese, mañá mércores ás 20:45 horas, a Caja Rural CB Zamora no partido correspondente á xornada 11 da Primeira FEB.
Os de Moncho López chegan a este partido coas boas sensacións dos dous últimos encontros no que non obtiveron o premio que merecían. Así que mañá buscaran, co apoio da súa afección, voltar á senda da vitoria.
Por outra banda, Caja Rural Zamora, tras dúas vitorias consecutivas, queren continuar coa dinámica positiva e tentar dar unha nova sorpresa para seguir progresando na clasificación e empatar co Aircargobooking Ourense.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.
NOTICIAS RELACIONADAS