A gañar onde ninguén foi quen nesta primeira volta

O Aircargobooking Ourense enfróntase a un dos retos máis esixentes da tempada nesta derradeira xornada da primeira volta da Primeira FEB. O San Pablo Burgos, líder destacado da categoría, recibirá no Coliseum de Burgos aos xogadores dirixidos por Moncho López.
O Aircargobooking Ourense encara o partido coa ilusión de poder dar a sorpresa. O equipo de Moncho López, que está a realizar unha moi boa primeira volta, terá que render ao seu máximo nivel para tentar gañar a un rival tan poderoso. A clave para o equipo ourensán estará en manter a intensidade defensiva durante os 40 minutos, minimizar erros no ataque e aproveitar as oportunidades que se presenten para facer dano a un rival que non perdoa.
O conxunto burgalés chega cunha soa derrota no seu haber e, ademáis, permanecen invictos no seu feudo, convertendo o Coliseum nun auténtico fortín que ningún rival foi quen de asaltar ata o de agora.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.