Vive con nós o partido ante Caja Rural Zamora

O Aircargobooking Ourense pon en marcha unha nova iniciativa para animar aos seus seguidores a acompañar ao equipo na importante cita da xornada 18 da Primeira FEB, que nos enfrontará ao Caja Rural Zamora.
O partido disputarase o vindeiro 8 DE FEBREIRO, e queremos contar co apoio da nosa afección. O club organizará unha viaxe en autobús para que os afeccionados teñan a oportunidade de desprazarse comodamente e apoiar ao equipo e coñecer a cidade. A SAÍDA terá lugar o mesmo día do partido dende O PACO PAZ ás 10:00 HORAS e o REGRESO será ao REMATAR o encontro.
A INSCRIPCIÓN E O PAGO realizarase nas OFICINAS no HORARIO HABITUAL. O NÚMERO DE PRAZAS é de 55.
Animamos a toda a nosa afección a participar nesta viaxe, que será unha excelente oportunidade para vivir o baloncesto en directo e apoiar ao noso equipo na súa loita pola victoria.
Teléfono oficinas: 988100001
PREZOS:
Socios:
- +16 anos: 30 Euros (15E entrada + 15E bus)
- 15 anos ou menos: 25 Euros (10E entrada + 15E bus)
Non socios:
- +16 anos: 35 Euros (15E entrada + 20E bus)
- 15 anos ou menos: 30 Euros (10E entrada + 20E bus)
FORZA COB, OUVEA CON NÓS.