RETO BRICOCENTRO: O RETO QUE NON DESCANSA

Un ano máis, o Reto BricoCentro continúa marcando os momentos de descanso nos partidos que o Club Ourense Baloncesto disputa no Pazo dos Deportes Paco Paz.
Desde que o 9 de outubro de 2021 se celebrase por primeira vez, esta actividade permite a unha persoa do público levar un premio económico canxeable en BricoCentro Paradelo, converténdose nun dos momentos máis agardados do descanso. Dende entón, o reto celebrouse en 63 partidos, e este sábado, no encontro fronte ao UEMC Real Valladolid Baloncesto, viviremos o episodio número 64.
Ao longo destes catro anos, BricoCentro Paradelo repartiu preto de 2000 euros en premios entre os moitos participantes que conseguiron completar o reto: anotar o tiro libre, a tripla e o tiro BricoCentro nun minuto de tempo. Ademais, todos aqueles que non lograron superalo, levaron igualmente un agasallo de consolación.
Dende o Club Ourense Baloncesto queremos amosar o noso agradecemento a José Ramón Barbosa, pola súa disposición e implicación na procura de iniciativas que manteñan á afección conectada e ilusionada durante os descansos.
O Reto BricoCentro afiánzase, un ano máis, como unha cita ineludible nos partidos do COB. Un reto que xa forma parte do equipo, do Club e da súa historia.
Estade atentos ás próximas comunicacións durante a semana BricoCentro. Agárdanvos novas sorpresas.