BRICOCENTRO-COB: A nosa historia conxunta

BricoCentro Paradelo e o Club Ourense Baloncesto son nomes que xa non se poden entender por separado. A súa relación vai moito máis alá dun acordo comercial: é unha verdadeira sinerxía que permite medrar e evolucionar a ambas entidades como referentes sociais, empresariais e deportivos en Ourense.
Hai xa 15 anos, BricoCentro Paradelo decidiu apoiar o proxecto deportivo-empresarial do COB por toda España. Desde entón, foron dando pasos adiante na súa evolución conxunta, impulsando accións compartidas que reflicten o seu compromiso mutuo. Como resultado, cada ano celebramos unha semana especial na que Paradelo e o Club Ourense Baloncesto amosan esa conexión á afección cobista e á clientela de BricoCentro.
Nesta semana, destacan accións como os descontos exclusivos para abonados nas instalacións de BricoCentro Paradelo, os sorteos e agasallos nos partidos do COB, ou o xa tradicional Reto BricoCentro, que fortalecen a imaxe conxunta de ambas marcas.
Valoración de José Ramón Barbosa
Con motivo deste 15º aniversario, José Ramón Barbosa, xerente de Centros de Bricolaxe Paradelo S.A., destacou:
“Para nós, esta colaboración durante estes 15 anos resúmese en tres ideas clave:
- Danos identidade como empresa local comprometida co baloncesto ourensán.
- É un orgullo formar parte dunha comunidade social que apoia ao equipo que nos representa dende hai máis de 40 anos.
- Xéranos ilusión poñer o noso gran de area para soster este club que tantas alegrías nos deu. O que queremos é, dentro das nosas posibilidades, facer que veñan outros 15 anos máis —ou os que fagan falta— da man do Club. Esa é a idea.”
Ir da man desde 2009 permitiulle ao COB construír unha identidade sólida co tecido empresarial local. BricoCentro Paradelo é xa parte fundamental do noso camiño, un apoio constante para o club e para a nosa afección por toda España.
A historia continúa
BricoCentro Paradelo e o Club Ourense Baloncesto seguirán loitando pola identidade comercial e deportiva da cidade de Ourense. A historia non remata aquí.
Atentos esta semana á programación especial BricoCentro… veñen novas sorpresas!