DousmilvinteMoncho! Moncho López renova tres anos máis

22 de Agosto del 2025
Comparte

O proxecto do Club Ourense Baloncesto consolídase cunha renovación clave: Moncho López continuará como adestrador do primeiro equipo durante tres tempadas máis, ata 2028.

O técnico galego, que chegou ao club no verán de 2024, conseguiu devolver a ilusión á afección e dotar ao equipo dunha identidade clara, baseada no compromiso, a intensidade defensiva e o crecemento dos xogadores novos

. Desde a súa chegada, o COB non só acadou estabilidade deportiva, senón que tamén deu pasos firmes cara a un modelo sostible e ambicioso. Esta renovación supón unha aposta pola continuidade e polo traballo a longo prazo, valores fundamentais para o noso club.

A sinatura e rolda de prensa tiveron lugar nun espazo moi especial para nós, o restaurante La Galleguita, que acolleu o acto nun ambiente próximo e cheo de confianza, reforzando os lazos co noso entorno.

“Estou moi agradecido pola confianza do COB e da súa afección. Temos por diante un reto apaixonante e imos seguir traballando para que Ourense se sinta orgullosa do seu equipo”, declarou Moncho tras asinar a súa renovación.

Con esta decisión, o Club Ourense Baloncesto reafirma o seu compromiso coa estabilidade, a profesionalidade e a construción dun proxecto sólido, mirando cara ao futuro cun obxectivo claro: seguir facendo medrar o baloncesto en Ourense.

Grazas, Moncho. O mellor está por vir!

VOLVEREMOS E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar