Xa temos definida a nosa pretempada: moitos partidos preto da casa e preferencia para os abonados

20 de Agosto del 2025
Comparte

O Club Ourense Baloncesto xa ten pechados os encontros de preparación para a tempada 2025/26, cun calendario que permitirá á afección desfrutar de múltiples partidos sen ter que desprazarse lonxe. A meirande parte dos encontros disputaranse preto da casa, unha oportunidade perfecta para ver en acción ao novo equipo antes do arranque oficial da competición.

  • 30 de agosto | COB – Caja Rural CB Zamora , no Pereiro de Aguiar (18:00h) 
  • 5–6 de setembro | Copa Galicia en A Coruña (horario e rival por determinar)
  • 12–13 de setembro | As Burgas Basket Cup (Pazo Paco Paz)
    • Venres 12: COB – Surne Bilbao Basket (21:00h)
    • Sábado 13: COB – Río Breogán ou Dreamland Gran Canaria (segundo resultado do venres)
  • 20 de setembro | COB – Leyma Coruña, no I Torneo KM0 Lalín Arena (12:30h)

VANTAXES EXCLUSIVAS PARA ABONADOS

Os abonados do COB que adquirisen tamén o abono para a As Burgas Basket Cup terán prioridade para retirar a invitación para o partido do 30 de agosto ante o Caja Rural CB Zamora. Xa se poden recoller ás invitacións nas oficinas do Club presentando ámbolos dous abonos.

Ademais, os abonados do COB poderán desfrutar dun desconto exclusivo na compra do abono para a As Burgas Basket Cup.

Con estas iniciativas queremos premiar a fidelidade da nosa xente, porque sen os nosos abonados, nada disto sería posible.

Un mes cargado de emocións, probas de nivel e grandes rivais para preparar o regreso á competición.

VOLVEREMOS E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar