Kentwan Smith presentado na Arrocería Gijón, fogar gastronómico do club

09 de Septiembre del 2025
Comparte

O xogador Kentwan Smith foi presentado oficialmente esta mañá na Arrocería Gijón, local no que o equipo adoita comer a diario e que é recoñecido en Ourense polos seus arroces e unha carta variada de calidade.

Smith, que leva xa unha semana adestrando co grupo, mostrouse satisfeito coa súa chegada: “Estou moi cómodo co equipo e con ganas de seguir traballando para achegar todo o que poida”, sinalou.

Na presentación estivo acompañado polo noso adestrador, Moncho López, Jorge Silva, en representación da directiva, e Antonio, responsable do establecemento, nun ambiente distendido que serviu tamén para reforzar a unión entre o equipo e un espazo habitual no día a día do plantel.

Desde o Club queremos agradecer a Antonio e Araceli, de Arrocería Gijón, polo seu apoio constante e por ser parte, un ano máis, da familia cobista.

Podes ver a rolda de prensa a continuación:

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar