Acordo de colaboración entre o COB e o AB Xinzo

29 de Octubre del 2025
Comparte

O Club Ourense Baloncesto e o AB Xinzo chegan a un acordo de colaboración que se estenderá ao longo de toda a tempada, co obxectivo de fortalecer os vínculos entre ambos clubes e seguir impulsando o crecemento do baloncesto na provincia de Ourense.

A través deste convenio, ambas entidades comprométense a desenvolver diferentes actividades conxuntas, fomentando o intercambio de experiencias e o traballo en equipo tanto no ámbito deportivo como formativo.

Desde o COB queremos reforzar os lazos e a cooperación con todos os clubes da provincia, recoñecendo o valioso traballo que levan realizando durante tantos anos e compartindo o mesmo obxectivo de seguir facendo medrar o noso deporte.

Como primeiro fito desta colaboración, este sábado o COB recibirá no Paco Paz aos xogadores e xogadoras da cantera do AB Xinzo, que serán os nosos invitados especiais no encontro.

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar