O Club Ourense Baloncesto recibe ao Hestia Menorca no Paco Paz

31 de Octubre del 2025
Comparte

A Primeira FEB regresa ao Paco Paz. Este sábado, ás 19:00 horas, o Club Ourense Baloncesto enfróntase ao Hestia Menorca nun partido clave para recuperar sensacións e volver ao camiño da vitoria.

O COB chega con dúas vitorias e dúas derrotas no seu balance, despois dun último encontro no que non se atoparon as mellores sensacións. O equipo traballou durante a semana para corrixir erros e chegar preparado a unha cita importante diante da súa xente, coa vontade de volver amosar a súa mellor versión.

Enfronte estará o Hestia Menorca, que vén de conseguir unha ampla vitoria na última xornada. Un rival sólido e con moito ritmo, que obrigará ao COB a ofrecer o seu máximo dende o primeiro minuto.

O choque promete intensidade e emoción no Paco Paz. O obxectivo é claro: recuperar a confianza, sumar a terceira vitoria e demostrar que o apoio da nosa afección segue sendo o noso mellor impulso.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar