IMG_5461

Martín Fernández seguirá defendendo as cores do COB na tempada 2026/2027

O Club Ourense Baloncesto continúa avanzando na planificación deportiva da tempada 2026/2027 e confirma a renovación de Martín Fernández, que continuará defendendo a camisola azul e amarela no que será a súa terceira campaña consecutiva no club.

A continuidade de Martín supón a consolidación dun xogador que, desde a súa chegada ao COB, foi medrando ano tras ano ata converterse nunha peza importante dentro da estrutura do equipo, destacando pola súa entrega, intensidade competitiva e compromiso co proxecto.

Na pasada tempada, o exterior disputou 29 encontros de liga regular, asinando medias de 7,8 puntos, 2,1 rebotes e 7,7 créditos de valoración en case 13 minutos por partido, amosando unha notable capacidade para achegar enerxía, equilibrio e solidez en ambos lados da pista. Ademais, os seus porcentaxes de acerto (44,4% en tiros de dous e 79,4% desde o tiro libre) reflicten a súa eficiencia e regularidade competitiva.

Ao longo do curso, Martín volveu demostrar a súa capacidade para asumir responsabilidades en momentos importantes, ofrecendo sempre traballo, intensidade e unha gran disposición ao servizo do colectivo.

As verbas de Moncho López:
“Estamos moi satisfeitos coa continuidade de Martín. Desde a súa chegada demostrou unha evolución constante, tanto no aspecto deportivo como na súa madurez dentro do grupo. É un xogador cunha gran capacidade de traballo, que entende moi ben o que o equipo necesita e que aínda ten moita marxe de crecemento.

Para nós é moi importante poder seguir compartindo camiño durante unha terceira tempada xuntos. Esa continuidade entre adestrador e xogador sempre axuda a consolidar ideas, xerar confianza e seguir dando pasos adiante. Coñecemos perfectamente as súas virtudes e el coñece a nosa maneira de traballar, así que cremos que esta renovación é positiva para ambas partes e para o proxecto do club.”

A súa renovación supón un paso máis na construción dun proxecto sólido e ambicioso, mantendo no vestiario talento, continuidade e identidade de club.

Seguimos xuntos, Martín.

#VolveremosETiXaEstabas

Fotografía .