WhatsApp Image 2026-09-24 at 16.40.38

Jan Zídek: “Estou moi ilusionado coa oportunidade de xogar no Ourense”

O Ourense Baloncesto presentou a Jan Zídek, unha das novas incorporacións do equipo para esta tempada, nun acto celebrado na Pizzería Alameda, que exercerá como padriño do xogador durante o curso.

O acto contou coa presenza de Moncho López, Jan Zídek e Sergio Pérez, ademais dos representantes da Pizzería Alameda, Alberto e Julio, aos que o club quixo agradecer o seu apoio e colaboración.

A Alameda é un dos espazos máis significativos da cidade e, como destacou o club, a Pizzería Alameda aspira a converterse nun punto de encontro para os afeccionados do COB antes dos partidos no Pazo dos Deportes Paco Paz.

Moncho López foi o encargado de presentar a Jan Zídek, un xogador de 2,06 metros que afronta a súa terceira tempada como profesional en España. O interior chegra ao conxunto ourensán despois de pasar pola segunda FEB e de disputar a pasada campaña a primeira FEB en Burgos.

O técnico ourensán destacou a súa polivalencia, xa que pode actuar tanto na posición de ala-pívot como de pívot, e puxo en valor o seu potencial de crecemento.

“Estamos falando dun xogador que xa é unha realidade na categoría, que nos pode axudar a ser moi competitivos, pero que ten un teito, un crecemento, que agora mesmo transcende a nosa realidade”, explicou Moncho López.

O adestrador tamén sinalou que Zídek pode ser un “4 moderno”, grazas ás súas condicións físicas, á súa capacidade para moverse pese á súa altura e ao seu tiro exterior.

“Ten unha capacidade física extraordinaria. Sería un 4 de tamaño de ligas maiores ca a nosa e, sobre todo pola súa capacidade para mover o corpo e pola puntería que ten, é un excelente tirador”, apuntou.

Ao mesmo tempo, o club valora a súa capacidade para desenvolver funcións propias dun cinco, o que lle permite ofrecer diferentes solucións ao equipo.

Jan Zídek amosouse moi agradecido pola oportunidade de incorporarse ao COB e explicou que o baloncesto forma parte da súa familia.

Zídek, que cumpre a súa terceira tempada como profesional en España, asegurou estar “moi ilusionado” coa oportunidade de defender a camisola do Ourense esta campaña.

O interior tamén valorou especialmente a rapidez coa que se produciu o seu fichaxe, unha decisión que, segundo explicou, lle transmitiu confianza no proxecto do club.

“Foi moi cedo no mercado e iso fíxome sentir moi ben coa decisión, porque creo que demostra a calidade do proxecto. Cando un equipo aposta por un xogador tan cedo significa que ten unha visión clara sobre el e sobre como quere traballar con el. Iso deume moita confianza para vir a Ourense”, sinalou.

A primeira xornada terá ademais un compoñente especial para Zídek, xa que o Ourense se enfrontará ao seu anterior equipo.

“Vai ser especial xogar contra persoas que coñezo moi ben, contra as que adestraba todos os días, e tamén contra o adestrador que me dirixiu durante toda a pasada tempada. Estou desexando que chegue o partido e espero que gañemos”, afirmou.

O responsable deportivo destacou que o club busca xogadores capaces de ofrecer intensidade e espectáculo sobre a pista, sen esquecer o obxectivo principal: competir e acadar os obxectivos marcados.

“Nós facemos un equipo para gañar partidos e conseguir os obxectivos do club. Sergio, como eu, temos sempre en mente o que quere a nosa afección e como lle gusta vivir o baloncesto”, explicou Moncho López.

Con esta incorporación, o Ourense Baloncesto suma un interior polivalente, con capacidade para ocupar as posicións de catro e cinco, e cun importante marxe de crecemento, nunha tempada na que o equipo afronta o reto de seguir competindo e facendo medrar o proxecto.

Photograph .