O Club Ourense Baloncesto afronta este domingo a súa primeira saída da tempada. Tras estrearse cunha vitoria ante o Tizona Burgos no Pazo dos Deportes Paco Paz, o equipo de Moncho López desprázase a Donostia para medirse ao Inveready Askatuak Gipuzkoa, nun encontro que dará comezo ás 18:00 horas.
O conxunto ourensán chega á segunda xornada da Primeira FEB coa confianza que lle outorgou o triunfo na estrea ligueira. Pola súa banda, o Inveready Askatuak Gipuzkoa tamén comezou a competición cunha vitoria, neste caso a domicilio ante o Coviran Granada, polo que ambos os equipos buscarán prolongar o seu bo inicio de tempada.
O COB afronta así un novo reto lonxe do Pazo, nun encontro no que tratará de dar continuidade ás boas sensacións da primeira xornada e seguir medrando como equipo. Os de Moncho López buscarán traer de Donostia un novo triunfo e manter o ritmo neste comezo de competición.
Podes seguir o encontro deste domingo a través de Baloncesto TV. Será necesario rexistrarse previamente, pero o acceso será gratuíto ata o 12 de outubro. A partir desa data será necesaria unha subscrición para acceder ás retransmisións.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación: