isaac

UNHA DESPEDIDA PARA SEGUIR MEDRANDO

Tras unha tempada na que Isaac medrou tanto a nivel persoal como deportivo defendendo as nosas cores, toca separar os nosos camiños para que poida iniciar unha nova etapa a nivel profesional.

O base ourensán (2004) defendeu as cores cobistas a pasada tempada, onde deu todo o que estaba na súa man polo equipo da súa cidade, facendo realidade un soño que tiña dende pequeno: xogar na cancha do Pazo.

Non nos quedou ningunha dúbida de que a súa tempada foi extraordinaria, tanto que esta semana recibiu o premio ao Mellor Xogador Sénior da Tempada, outorgado pola FEGABA.

Grazas por confiar en nós durante a pasada tempada e por deixar a pel en cada partido. Hoxe despedímonos para que poidas seguir medrando.

Moita sorte na tempada que entra e lembra que o Club Ourense Baloncesto sempre será a túa casa.

“Cobistas, espero que isto non sexa un adeus, senón un ata pronto.” — Isaac Vázquez

Video completo de Isaac hacia a afición: UNHA DESPEDIDA PARA SEGUIR MEDRANDO

Photograph .