As Burgas Basket Cup: Ourense acollerá un torneo de primeiro nivel con equipos ACB e LF Endesa

28 de Julio del 2025
Comparte

O Pazo dos Deportes Paco Paz será o escenario do Torneo As Burgas Basket Cup, organizado polo Club Ourense Baloncesto un evento deportivo de alto nivel que converterá Ourense no epicentro do baloncesto estatal durante o mes de setembro. A competición incluirá tanto categoría feminina como masculina, reunindo equipos de prestixio das ligas LF Endesa e ACB.

Este torneo nace coa vontade de homenaxear a historia do baloncesto ourensán e será tamén unha oportunidade única para lembrar a figura de Gonzalo Bernardo, pioneiro na fundación do Club Bosco no ano 1978 e figura clave no desenvolvemento do baloncesto na nosa cidade.

Torneo feminino: 5, 6 e 7 de setembro

Viernes 5 de setembro | 19:00 hPerfumerías Avenida vs Ensino Lugo

Sábado 6 de setembro | 19:00 h Araski AES vs Perfumerías Avenida

Domingo 7 de setembro | 18:00 h Ensino Lugo vs Araski AES

Torneo masculino: 12 e 13 de setembro

O torneo masculino contará cun cartel de auténtico luxo, con catro equipos ACB que ofrecerán dous días de baloncesto espectacular:

Venres 12 de setembro

  • 18:30 | Dreamland Gran Canaria vs Río Breogán
  • 21:00 | Club Ourense Baloncesto vs Surne Bilbao Basket

Sábado 13 de setembro

  • 18:00 | Partido polo 3º e 4º posto
  • 21:00 | Final
  • 22:45 | Entrega de trofeos

Clínic con Moncho López: 12 e 13 de setembro

Paralelamente á disputa do torneo masculino, terá lugar un clínic dirixido por Moncho López, adestrador do COB con experiencia internacional.

Este clínic estará orientado a adestradores, estudantes e afeccionados ao baloncesto que desexen seguir formándose e coñecer de primeira man metodoloxías e visións actuais do xogo.

Máis información sobre inscricións e horarios será publicada nas próximas datas.

PREZOS

*Excepto Grada Pista Central

COMPRA DE ABONOS E ENTRADAS

O abono completo e o abono feminino mercarase de maneira online en Taquilla COB

As entradas individuais para un so día adquiriranse o mesmo día na taquilla física

A compra de entradas estará dispoñible a partir do día 30 de xullo.

Con esta As Burgas Basket Cup, o Club Ourense Baloncesto reafirma o seu compromiso coa promoción do deporte e a proxección da cidade como referente do baloncesto.

Será unha semana para gozar, recordar e celebrar a paixón polo baloncesto.

Agardámosvos no Paco Paz!

Volveremos, e ti xa estabas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar