O Club Ourense Baloncesto e Aircargobooking poñen fin á súa etapa conxunta como patrocinador

23 de Julio del 2025
Comparte

O Club Ourense Baloncesto informa que a relación de patrocinio principal con Aircargobooking, iniciada no ano 2024, chega ao seu fin tras unha tempada de colaboración.

Desde o club queremos agradecer sinceramente a confianza inicial depositada por Aircargobooking no noso proxecto deportivo, así como o apoio mostrado durante boa parte da tempada. Compartimos esforzos, ilusións e momentos que contribuíron ao crecemento do COB dentro e fóra da pista.

Debido á dificultade para cumprir con certas condicións pactadas no contrato asinado en decembro de 2024, ambas partes decidimos, tras un acordo de cumprimento do establecido ata a data, separar os nosos camiños. Unha decisión tomada desde o respecto institucional e sempre co foco posto no ben do Club Ourense Baloncesto.

O COB continúa a traballar con responsabilidade e ilusión na construción dun proxecto sólido, sostible e ambicioso de cara á tempada 2025–2026, agradecendo á nosa afección, aos patrocinadores e ás institucións o apoio constante e imprescindíbel.

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar