O Club Ourense Baloncesto alíase con Bordisport como novo provedor técnico para todas as súas categorías

O Club Ourense Baloncesto ten a honra de anunciar o seu novo acordo de colaboración coa marca deportiva Bordisport, que dende esta tempada converterase no provedor oficial de equipacións tanto para o primeiro equipo como para toda a canteira do club.
Esta alianza xorde da excelente sintonía e entendemento entre ambas entidades, que comparten unha mesma visión de compromiso, profesionalidade e aposta polo deporte dende a base ata o alto rendemento. A predisposición mostrada por Bordisport dende o primeiro momento, así como o seu interese por ofrecer ao COB unha liña de prendas novidosas, cómodas e de alta calidade, foi clave para pechar un acordo que consideramos estratéxico.
Con unha traxectoria consolidada no ámbito deportivo, Bordisport viste actualmente a clubs de referencia como o Oporto e o Baxi Ferrol de baloncesto, o Noia Freixenet ou as selecciona arxentina e francesa de hóckey sobre patíns, o que reforza a confianza do COB nunha marca que combina deseño, tecnoloxía téxtil e proximidade cos clubs.
Dende o Club Ourense Baloncesto queremos agradecer a Bordisport a súa aposta polo noso proxecto e celebramos o inicio dunha colaboración que, estamos convencidos, traerá grandes resultados dentro e fóra da pista.
Benvidos á familia COB, Bordisport!