A manda esperta: o COB inicia a liga en Alicante

25 de Septiembre del 2025
Comparte

A espera rematou. Este sábado, ás 19:00 horas, o Club Ourense Baloncesto inicia a súa andaina na Primera FEB visitando ao HLA Alicante no mítico Centro de Tecnificación Pedro Ferrándiz. Un debut esixente fronte a un dos equipos históricos da competición, que servirá como primeira proba de lume para medir a ilusión e o traballo de todo o verán.

O COB chega como unha manda de lobos, con gañas de demostrar a súa identidade desde o primeiro día. Conscientes das dificultades da categoría, pero tamén da forza dun grupo unido que loita xunto á súa afección, os xogadores dirixidos por Moncho López teñen claro o camiño: competir cada balón, loitar en cada partido e facelo sempre con orgullo pola nosa camisola.

Enfronte estará o HLA Alicante, un rival de gran tradición e que tamén arrinca a tempada coa ambición de estar entre os mellores. O partido promete intensidade, emoción e ritmo, propio dun inicio ligueiro no que todos queren comezar con bo pé.

Comeza unha nova aventura. Un curso cheo de retos, de soños por cumprir e de momentos que queremos vivir ao teu carón. Porque somos unha manda, e xuntos seremos máis fortes.

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar