O COB cae en Alicante tras un partido de altibaixos

O Club Ourense Baloncesto estreouse con derrota esta tempada no Pedro Ferrándiz ante o HLA Alicante, nun encontro cheo de alternativas que acabou escapando no último cuarto.
O inicio foi prometedor para os ourensáns, que cun primeiro parcial de 17–29 marcaron o ritmo do partido. A intensidade defensiva e a boa circulación de balón permitiron abrir unha fenda que silenciou durante uns minutos ao público local.
No segundo cuarto, porén, o guión cambiou. O HLA Alicante deu un paso adiante en defensa, dificultando o ataque ourensán e forzando erros que lle permitiron correr a pista. A pesar de que o COB mantivo a súa loita no rebote e atopou algunhas boas accións en transición, o parcial de 21–15 devolveu ás táboas ao conxunto alacantino e deixou o partido moito máis equilibrado ao descanso (38–44).
Tras o paso polos vestiarios chegou o momento máis complicado para os de Ourense: un demoledor parcial de 14–0 dos locais púxoos por diante por primeira vez no encontro. Aínda así, dous triples no tramo final do terceiro período deron aire ao COB, que encarou os últimos dez minutos cunha mínima vantaxe (58–59).
No cuarto definitivo, a presión da bancada e un novo parcial local fixeron que o HLA Alicante abrira fenda. Os ourensáns non deixaron de loitar ata o final, mais víronse obrigados a ir sempre a remolque e non lograron achegarse no marcador (87–76).
A pesar da derrota, o equipo deixou mostras de carácter e compromiso nun debut ligueiro que serve para seguir medrando de cara aos próximos compromisos.
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS